Mycena abramsii


29 Nov
29Nov

Cogomelo de talla pequena. Chapeu de cónico a convexo. Cutícula translúcida, rugosa, glabra, pruinosa, radialmente estriada, cor marrón clara abelá, máis pálido na marxe e máis escuro no disco central.

Láminas adnatas, algo ventrudas, grosas, esbrancuxadas ou marrón moi claro. Pé fráxil, acanalado ou liso, pruinoso arriba e con base pilosa de pelos brancos, cor gris pálida a sepia marrón, máis escuro abaixo. Carne branca a marrón pálido.

Durante a época primaveral frutifica en grupos de poucos exemplares ou solitaria, no humus ou restos de madeira morta caída ao chan, en bosques húmidos de caducifolios, e menos frecuentemente, nos de coníferas. Ampla distribución en Europa. Debido á sua particular fenoloxía, os rexistros ibéricos non son moi numerosos e case todos proveñen das áreas do centro e norte peninsular.

Ten un cheiro pronunciado a lixivia ou nitroso.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.