Boletus edulis


Cogomelo comestible, pertencente ao xénero das andoas ou boletos. Pode atoparse moi frecuentemente en bosques de piñeiros. É un cogomelo que pode alcanzar dimensións notables; polo xeral o chapeu pode medir de 7 a 20 cm de diámetro e o pé adquirir a mesma altura. Adoita confundirse con Tylopius felleus ou coa andoa Boletus badius.

Altamente apreciado, a andoa é comercializada fresca no outono, no centro e sur de Europa, pero tamén se comercializa seco por todo o mundo.

A forma deste cogomelo é moi característica. Unha das características máis rechamantes deste cogomelo á hora de determinala é a cor entre marrón e negro do seu chapeu; posúe unha coloración inicialmente branca, que adquire pouco a pouco un aspecto máis escuro, case entre o marrón-negro.


Lugar de observación: Lalín.

Tagged:  Boletaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.