Lycoperdon perlatum


20 Oct
20Oct

Basidioma de 2,5-8 x 2-6 cm. xeralmente de forma  piriforme (forma de pera) cun falso pé cilíndrico e ben diferenciado. Exoperidio constituído por espiñas piramidales, brancas nos exemplares novos e pardo-oliváceas nos adultos rodeadas por un círculo formado por verrugas; as espiñas son caducas e ao caer forman un retículo debuxado sobre o endoperidio, correspondente ás súas pegadas. A gleba (masa carnosa interna que contén as esporas) e branca e esponxosa na mocidade, logo pardo-olivácea e algodonosa e en forma de po na vellez. Sen cheiro nin sabor particulares.

Frutifica tanto nos meses primaverais como durante o outono, e mostra un amplísimo rango de hábitats, con indiferenza do PH do substrato. Subcosmopolita, trátase da especie mellor representada do xénero, moi común e polimorfa. Moi frecuente e abundante en toda Galicia. A típica disposición das espiñas, rodeadas dun anel de verrugas, permite cunha simple lupa recoñecer esta especie ao instante. É un cogomelo comestible en estadios inmaturos, aínda que de baixa calidade. 


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego (Agolada).

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.