12 Nov
12Nov

Basidiomas solitarios, gregarios ou subcespitosos, de 2-6(-10) centímetros de altura, de morfoloxía variable, ás veces simple, outras veces con poucas ramificacións no seu ápice ou mesmo con aspecto arborescente ou "coraloide", con ramas non moi profusas que non superan 1 cm. de ancho e cos seus ápices obtusos; cor branca, esbrancuxado ou crema coa idade.

Carne esbrancuxada de consistencia tenaz; cheiro non significativo. De fructuficación estival-outonal; terrestre, saprófita, aparece en bosques tanto de coníferas como de frondosas. É unha especie de distribución prácticamente cosmopolita; mostra tamén unha ampla distribución. 

A pesar do seu polimorfismo, a característica superficie engurrada ou abolada irregularmente e as súas cores pálidas, adoitan ser suficientes para recoñecer esta especie. Aínda que poden ser consumidas, as especies deste xénero non son, como norma xeral, moi apreciadas.

 


Lugar de observación: Oirós. Vila de Cruces.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.