23 Feb
23Feb

É unha especia cosmopolita, podéndose atopar en calquera biotopo durante tódolos meses do ano nos días de sol. Ten unha ou dúas xeracións anuais.

É de costumes solitarias e vive agachada nun cilindro feito cunha folla emburullada. Inverna como adulto e a femia pon os ovos illados na cara das follas. 

Trátase dunha bolboreta que, levada polos seus hábitos migratorios, percorre a miúdo grandes distancias.


Lugar de observación: Pazo de Liñares. Prado. Lalín.


Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.