22 Feb
22Feb
É unha bolboreta común en toda Galiza, atopándose ás veces con abundancia en certos biotopos. Prefire pradeiras floridas, beiras de bosque onde medren as silvas e matugueiras, camiños e carballeiras, ás que está ligada pola súa bioloxía.
Exemplar macho

É moi doado atopalas libando mesmo en grupos numerosos, en arbustos floreados, sobre todo Budleias, nos meses de xullo e agosto. Presenta unha xeración anual. A eiruga, de cor negra con moitas espiñas, come violaceas. 

Exemplar femia

A femia coloca os ovos illados entre as lañas da casca dos carballos. As eirugas nacentes comen o corion e de seguido escomenzan a invernación, no mesmo toro da árbore. 


Ó rematar o inverno baixan ó chan na busca da planta nutricia.


Lugar de observación: Bustelos. Vilatuxe. Lalín.


Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.