22 Feb
22Feb

Trátase dunha especie moi abundante nas catro provincias, aínda que no resto da Península voa bastante escasa e localizada. 

Prefire espazos abertos e húmidos e pradeiras con flores, onde voa durante dúas xeracións dende principios de maio a xuño, podendo ter unha terceira xeración ata o mes de setembro a pouco que o tempo sexa bo. 

No macho o anverso das ás é moi escuro en toda a súa extensión. A femia ten as ás anteriores co fondo alaranxado.

(Nota: Na fotografía móstrase un exemplar femia)


Lugar de observación: 

  • A Veiga. Lalín.
  • Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.
  • Lalín.


Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.