23 Feb
23Feb

Especie que voa escasa en todo o país, en pradeiras húmidas, outeiros e zonas de monte baixo dende maio ata xullo nunha xeración.

A eiruga, de cor palliza verdosa, aliméntase de Adenocarpus complicatus e outras papilonáceas dos xéneros Sarothammus e Medicago. Practica o canibalismo, e asóciase a miúdo con formigas. Crisalida no solo, embaixo das pedras, pasando así o inverno.

Presenta dimorfismo sexual. O macho ten o anverso completamente azulado, agás unha delgada marxe negra que na femia chega a cubrir máis da metade da á.

Ten moita semellanza con Glaucopsyche melanops, da que se diferencia por posuír escamación verdosa na zona basal do reverso das ás posteriores.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.