15 Apr
15Apr

Vulgarmente chamada bolboreta da col, é unha especie moi abundante en toda Galiza, aínda que menos de Pieris rapae e Pieris napi, coas que comparte os seus biotopos. Pode considerarse cosmopolita e voa dende abril a moi entrado o inverno segundo a climatoloxía. Pode presentar ata cinco xeracións anuais.

A eiruga é gragaria e ten puntos negros moi evidentes. Aliméntase de todo tipo de crucíferas cultivadas ou silvestres, sobre todo do xénero Brassica.

A femia desova en pequenos grupos e a crisálida pendúrase de calquer obxecto, invernando deste xeito. Presenta dimorfismo sexual, tendo a femia dous puntos postdiscais no anverso das ás anteriores, que están ausentes no macho. É con diferencia a bolboreta de maior tamaño do xénero.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.