01 Mar
01Mar

Ninfálido escaso, aínda que espallado por toda Galiza en bosques de piñeiros, olmos e chopos, voando por enriba das árbores, no periodo de xullo a outubro nunha xeración.

A eiruga, negra co dorso e as espiñas de cor marrón vermellenta, é gregaria e fabrica abeiros sedosos nas primeiras etapas do seu desenvolvemento. Come Ulmus minor, Salix caprea, Crataegus monogyna e outras árbores do xéneros Salix e Populus.

A femia deposita os ovos, despois de invernar en abeiros naturais ou artificiais, en grupos numerosos. A crisálida é angulosa e de cores marróns con puntos torácicos nacarados.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.