12 Nov
12Nov

Bolboreta que voa en colonias abundantes en zonas de media e alta montaña, sendo moi rara en zonas baixas. Os biotopos nos que medra son zonas rochosas e áridas, e terreos de vexetación pobre batidos polo vento, substituíndo completamente a partires dos 1.500 metros a Melanargia lachesis, que é moito máis abundante antes de chegar a esa altura. Atópase durante os meses de xullo e agosto nunha xeración anual.

A eiruga, verdosa con fina liñas lonxitudinais, come Poa anua, Brachypodium pinnatum e outras gramíneas. A crisálida, de cor esbrancuxada coma tódalas das Melanargias, pódese atopar no solo preto das gramíneas das que se alimenta.


Lugar de observación: Alto do Faro. Rodeiro.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.