14 Aug
14Aug

É unha das bolboretas máis abundantes en Galiza. Aínda que se pode atopar na maioría dos biotopos, prefire áreas baixas con moita vexetación arbustiva e arbórea, pousando na sombra, ben sexa en lugares secos ou húmidos nos meses de xuño, xullo, agosto ou setembro nunha longa xeración.

Exemplar femia

Eiruga de cor verdosa que se nutre de Poa annua, Lolium perenne e outras gramíneas.

A femia pon os ovos dun en un na súa planta nutricia. A crisálida, cunhas bandas alternas escuras e claras moi típicas, vaise pendurar polo cremáster dun talo da herba.

Macho pardacento escuro con androconia de cor negra. Femia con amplas áreas leonadas.

Exemplar macho


Lugar de observación: Catasós. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.