Trátase dunha bolboreta común en toda Galiza, que voa en zonas húmidas cubertas de vexetación, pradeiras floridas, claros de bosque, lindeiros e camiños. Presenta unha soa xeración de xuño a principios de agosto. A eigura, de cor anegrellada con pequeniños puntos brancos e espiñas ramificadas, é invernante de xeito gregario nun abeiro o pé da súa planta nutricia.
Come Scabiosa columbaria, Digilatis purpurea, Lonicera periclymenum e outras caprifoliáceas.
A femia pon os ovos en grupos numerosos no envés das follas. A crisálida, branca con bandas negras punteadas de manchas leonadas, atópase en rochas, toros próximos e, a miúdo, na súa planta nutricia. Femia de maior tamaño e tons máis suaves có macho.
Na fotografía seguinte, podemos ver a súa crisálida.
Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.