08 May
08May

Bolboreta moi rechamante pola súa cor e abundancia no territorio galego. Vive en todo tipo de biotopos, agás os bosques, sempre que sexan espacios soleados e con flores.

Voa dun xeito rápido e poderoso, no periodo de abril a outubro en tres ou catro xeracións, sendo este último aspecto difícil de determinar polos seus hábitos migratorios masivos.

Eiruga invernante, coa liña lateral branco amarelada. Come Trifolium pratense e Trifoliun repens, estando citada en Lotus corniculatus e Medicago sativa.

As femias, que desovan dun xeito illado na caras das follas, teñen grande poliformismo. En Galiza, ademais da forma normal, da mesma cor có macho, voa tamén de xeito abundante a forma hilicina, e menos frecuente a forma hélice, ambas co fondo alar moito máis pálido.


Lugar de observación: 

  • Taboada. Silleda.
  • Carmoega. Sobreirais do Arnego. Agolada.


Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.