25 Dec
25Dec

Bolboreta común, aínda que escasa en moitos biotopos. Voa en montes baixos, terreos abertos, zonas áridas e ladeiras incultas nos meses de xuño e xullo nunha soa xeración.

A eiruga é de cor verde, con liñas amarelas lonxitudinais moi marcadas. Aliméntase de Poa pratensis e outras gramíneas.

A crisálida é dunha típica cor verde esmeralda, coa beira alar parda amarelenta.


Lugar de observación: A Trigueira. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.