06 Jul
06Jul

Esta especie de bolboboreta é unha especie escasa en Galiza, aínda que común en zonas de media montaña. Voa ás veces xunto con Coenonympha glycerion en áreas húmidas e arbustivas, bosques abertos, carballeiras, pradeiras e fraguizas, no periodo de xuño a agosto nunha soa xeración.

A eiruga, verdosa e con finas liñas lonxitudinais, come Poa pratensis e outras gramíneas, e a súa crisálida ten a cor esbrancuxada con marcas escuras moi características.


Lugar de observación: Monte de Carrio. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.