Celastrina argiolus


10 Nov
10Nov

Especie común e espallada por toda Galiza, onde voa sobre pradeiras, fraguizas, silveiras e zonas húmidas cubertas de vexetación, entre marzo e agosto en dúas xeracións.

A eiruga, de cor verdosa con liñas laterais esbrancuxadas, come gromos, froitos e flores de Hedera helix, Evónimus europaeus e Ilex aquifolium, asociándose ás veces coas formigas.

Inverna como crisálida, apegada ás follas ou pólas da súa planta nutricia. Macho de anverso totalmente azul, femia con amplas marxes negras.


Lugar de observación: Catasós. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.