25 Dec
25Dec

Lepidóptero que voa moi escaso en zonas montañosas, visitando pradeiras, claros de bosque, biotopos húmidos e beiras de regatos nunha xeración durante os meses de xuño e xullo.

A eiruga, con grandes espiñas carnosas amareladas, ten tres bandas branquiñas das que unha é dorsal e as outras laterais. Nútrese a partir de Rubus fruticosus, R. idaeus, Viola odorata e Viola tricolor, pasando o inverno neste estado.

A crisálida é pardacenta posuíndo agudas prominencias nacaradas con irisacións.


Lugar de observación: A Trigueira. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.