23 Feb
23Feb

É un meliteido moi común en tódalas provincias galegas, voando nos meses de maio a xullo nunha xeración anual, sobre pradeiras húmidas, bosques, zonas con fentos e arredores de regatos e ríos. A eiruga é parda cunha franxa dorsal abrancallada e tubérculos espiñentos de cor leonada, dos que os dous primeiros están dirixidos adiante e son máis grandes.

Come Viola odorata, Viola arvensis e outras violáceas. A femia coloca un ou dous ovos no envés de cada folla. A crisálida, pendurada polo cremáster, ten cor marrón con pequenas prominencias nacaradas.



Lugar de observación: Catasós. Lalín.


Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.