Voa en tódalas provincias galegas aínda que moi escasa. Gusta de pradeiras húmidas e terreos abertos e incultos de zonas altas, durante o periodo que vai dende abril a xullo.
Ten dúas xeracións, sendo a primeira a máis abundante.
A eiruga, anegrellada e con tubérculos leonados de punta branca, come Viola odorata e outras violáceas; está citada tamén no xénero Rubus. As da segunda xeración invernan.
A crisálida ten procesos cónicos nacarados, e pendúrase da planta nutricia polo cremáster.
Lugar de observación: Catasós. Lalín.