18 May
18May

Piérido que voa escaso en Galiza, aínda que abundante no sur de Ourense, en ladeiras soleadas, claros de bosque e biotopos nos que medra o estripeiro, nos meses de maio e xullo nunha soa xeración anual.

As eirugas, gregarias e invernantes nun casulo sedoso común, son anegrelladas coas bandas laterais grisáceas e abundante pilosidade. Comen Crataegus oxyacantha e Crataegus monogyma, sendo citadas noutras rosáceas. A crisálida, de cor amarelada, ten moitos puntiños negros.

Especie moi característica polo rechamante da súa nerviación escura sobre o fondo alar branco uniforme.


Lugar de observación: Monte do Carrio. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.