Trátase dun piérido común, aínda que voa illado en camiños, claros de bosques, campos de cultivo, pradeiras húmidas e terreos incultos nos meses de abril, maio e xuño nunha xeración.
A eiruga, máis branca polos costados, aliméntase de Cardamine pratensis, Sinapis arvensis, Biscutella laevigata e outras crucíferas silvestres, sendo de costumes territoriais.
A femia pon os ovos illados nos casulos florais, e a crisálida, que é invernante, ten unha forte prominencia cefálica moi aguda e a zona alar moi saínte.
Acusado dimorfismo sexual, xa que o macho ten unha grande mancha apical laranxa espallada pola metade das ás anteriores e o resto do anverso é abrancallado, mentres a femia ten as ás anteriores uniformemente brancas, co ápice máis arredondado.
Nota: Na fotografía de portada móstrase un exemplar macho e sobre estas liñas un exemplar femia.
Lugar de observación: Mosteiro de Carboeiro. Silleda.