23 Feb
23Feb

Especie moi abundante en todo o territorio galego, colonizando biotopos moi variados, vales, pradeiras, lugares húmidos e hortas. Ten dúas ou tres xeracións, dende marzo deita setembro. 

A eiruga come Brassica napus, Sinapis arvensis, Sisymbrium officinalis e outras crucíferas.

As femias poñen os ovos illadamente no envés das follas. As crisálidas teñen un grande mimetismo, variando a súa cor segundo o medio no que se atopan. As da terceira xeración son invernantes.

Femia con manchas postdiscais no anverso das ás anteriores, macho cunha soa mancha ou sen elas.


Nota: A foto de portada pertence a un exemplar macho, a segunda un exemplar femia e a terceira ao reverso da bolboreta.


Lugar de observación: 

  • Taboada. Silleda.
  • Lalín.
  • A Trigueira. Zobra. Lalín.


Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.