Narcissus cyclamineus

O Narcissus cyclamineus é unha planta con bulbo que presenta unha flor péndula e solitaria de cor amarela forte. Este narciso florece de febreiro a abril nas beiras dos ríos e regatos, en especial nas partes baixas do país, sendo máis raro no norte.

Esta especie é endémica de Galiza e o norte de Portugal e está considerada “vulnerable” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, polo que se debe ter especial coidado á hora de conservar os seus hábitats.

Dentro deste catálogo existen tres categorías:

  1. En perigo de extinción: Reservada para aquelas cuxa supervivencia é pouco probable se os factores causantes da súa actual situación seguen actuando.
  2. Sensibles á alteración do seu hábitat: Referida a aquelas cun hábitat característico particularmente ameazado, en grave recesión, fraccionado ou moi limitado.
  3. Vulnerables: Destinada a aquelas que corren perigo de pasar ás categorías anteriores nun futuro inmediato se os factores adversos cales actúan sobre elas non son corrixidos.
  4. De interese especial: aquelas outras merecedoras de catalogación e que teñan un grao de ameaza insuficientemente coñecido.

Na contorna do Lago superior do Pontiñas, en Lalín, podemos atopar unha poboación deste fermoso e delicado narciso que compre coidar para evitar a súa desaparición.