Censo de fauna atropelada

O 5 de setembro de 2018 comezamos o rexistro de fauna atropelada na Comarca do Deza coa colaboración de voluntarios e seguidores da web.

Picando na seguinte imaxe poderedes acceder ao mapa de rexistro, que se mantén actualizado en tempo real. Cada mes publicaremos un resumo dos atropelos rexistrados na nosa páxina de facebook e neste post.

Pica na seguinte imaxe para acceder ao mapa

A información que recompilemos permitiranos:

  1. Diferenciar as especies máis afectadas polos atropelos.
  2. Coñecer a evolución temporal das especies detectadas tanto na súa abundancia relativa, como na súa área de distribución.
  3. Comprobar se existen variacións estacionais no número de atropelos.
  4. Crear un mapa de puntos negros na nosa rede de estradas.
  5. Sinalar os condicionantes que inflúen na aparición de puntos negros.
  6. Ofrecer criterios para a prevención e redución de atropelos de fauna.

Podes colaborar enviando avisos por mensaxe ao noso facebook ou deixando unha mensaxe neste post.