A Cerceta común, unha ave en perigo presente na nosa comarca.

A “Cerceta común” ou “Cerceta real” (Annas crecca) é un pato de talla pequena e de fermosas cores que habita principalmente en estuarios, lagoas e encoros do interior. Cría no chan entre a vexetación mesta, sempre preto da auga.

En Galiza, esta especie foi máis frecuente en décadas anteriores, pero o deterioro xeral e continuado dos humidais do país, tales coma procesos de colmatación, eutrofización (acumulación de residuos orgánicos que causa a proliferación de certas algas) e as alteracións directas por parte do home, tiveron importantes efectos sobre os microhábitats de alimentación de crías e aves adultas, prexudicando notablemente esta anátida.

Trátase dunha especie moi sensible ás perturbacións humanas, polo que o problema de conservación máis importante nalgunhas localidades situadas en zonas de montaña son as molestias que supoñen as actividades de lecer ao aire libre, ao que se une o sobrepastoreo de gando vacún, co risco que implica para os niños.

En Galiza, esta ave só cría nun lugar da provincia de Pontevedra, moi acosado pola presión industrial. Tense constancia da reprodución ocasional desta ave (1-2 parellas) noutras zonas húmidas galegas (lagoas de Cospeito e Louro).

Nos meses de outono e inverno, chegan bastantes individuos procedentes do norte de Europa, Rusia e mesmo Siberia. Con todo, en invernos particularmente fríos, é frecuente que nos visiten exemplares de Europa occidental. Os seus desprazamentos migratorios son bastante complexos, xa que presentan cambios nas súas rutas duns anos a outros relacionados coas condicións meteorolóxicas.  

A “Cerceta común” atópase incluída no “Libro Vermello das Aves de España” na categoría de VULNERABLE e en Galiza, as poboacións nidificantes atópanse en PERIGO DE EXTINCIÓN, tal e como se recolle no “Catálogo Galego de Especies Ameazadas” (Decreto 88/2007 do 19 de abril).

Os exemplares que se mostran neste artigo, foron localizados no lago inferior do río Pontiñas en Lalín.

¿Podería ser o lago do Pontiñas un novo punto de cría desta ave? Non puidemos confirmar que os exemplares fotografados fosen exemplares nidificantes, pero levaremos a cabo un estudo na época de reprodución para tratar de confirmar esta posibilidade. De ser así, esta pequena lagoa, convertiríase nun dos escasísimos puntos de cría desta ave no territorio galego.

Por casos coma este, os lagos do río Pontiñas en Lalín, deben gozar dunha especial protección de carácter ambiental, xa que dende a súa construción se converteron en espazos de cría, refuxio e alimentación de múltiples especies de aves, mamíferos, anfibios e invertebrados.

Ogallá dentro duns meses poidamos confirmar o que sería unha fantástica nova.


POBOACIÓN E TENDENCIA EN ESPAÑA

A poboación reprodutora estimouse, no período 1998-2001, entre 7-42 pp., e no período 1985-1997 entre 7-68 pp. (0- 30 pp. segundo Purroy, 1997). Os dous núcleos principais localízanse nas ribeiras do río Louro (Pontevedra) e no lago de La Ercina (Asturias). Na primeira localidade, único humidal onde se avaliou case anualmente o número de parellas reprodutoras desde 1982, a tendencia global foi regresiva, e pasou dunha media de 19 pp. na década de 1980, a 13 pp. na de 1990 e a 7 pp. no que transcorreu de século XXI.

Os efectivos do lago de La Ercina, aínda que non contabilizados con precisión, parecen mostrar unha clara tendencia á baixa. Aquí, as cifras máis altas obtidas corresponden á década de 1990, e roldaron a ducia de parellas (E. García, com. pers.).

A poboación das serras de Cebollera e Urbión estimouse en 2001 ao redor das 10 pp. (J. L. Hernández-Hernández, com. pers.), pero descoñécese a da Sierra Segundera. Salvo en Doñana, onde García et ao. (2000b) estiman unha poboación que en ningún caso debe superar as 14-20 pp. en anos de intensas precipitacións, os efectivos rexistrados nas restantes localidades moi de cando en cando chegan a superar as dúas parellas. 

No período 1985-1997 hai citas de reprodución probable na lagoa Haedillo e turberas da Herbosa (Burgos; Román et ao., 1996) e nos Aiguamolls de l?Empordà, Xirona (Sargatal & Do Hoyo, 1989), e confirmada na lagoa de Gallocanta, Zaragoza (Sampietro et ao., 1998) e albufera de Valencia (Dies, 1999a), localidades todas nas que non se volveron a observar recentes indicios de cría.

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente


Fonte: Ministerio de Medio Ambiente


(Ver especie: Annas crecca)