Thalictrum speciosissimum


25 Jun
25Jun

Planta de talo erecto, fistuloso, glabro, abrancazado, de ata 160 cm. Follas basais ata 45 mm., de perfil ovado-triangular, 2-5 veces ternadas, pecioladas, sendo sésiles as superiores.

Inflorescencia máis ou menos en corimbo, mesta, con brácteas foliáceas máis curtas cás flores. Estas son amarelas, con pezas do perianto de 2-6 mm., caedeiras. Estames erectos, numerosos e aparentes.

Florece entre maio e xullo en beiras de ríos do sur de Galiza (principalmente na provincia de Ourense, sendo máis raro na de Pontevedra).


Lugar de observación: Beira do río Pontiñas. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.