21 Feb
21Feb

Planta perenne, de ata 50 cm., con base do talo ancheada nunha formación que asemella un bulbo. As follas basais son trilobadas, ás veces co lóbulo basal peciolulado e os lóbulos máis ou menos divididos. As follas caulinas son semellantes, pero de menor tamaño, as superiores de lóbulos case lineares, sentados.

As flores, de 12-32 cm. de diámetro van en pedicelos estriados, e levan sépalos moi revirados (chegan a tocar o pedúnculo), e pétalos de 7-15 mm. Aquenios de 2-4 mm., con beiras aquilladas e bico curto, curvado, de 0,2-1 mm., con pedúnculos frutíferos sucados.

É unha planta de gran variabilidade. En Galiza podemos ver varios taxons infraespecíficos. Florece en todo o país entre maio e agosto.


Lugar de observación: Fraga de Quiroga. Catasós. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.