Silene vulgaris


Perenne, hermafrodita, con talos erectos de ata 80 cm., glabros ou pubescentes na metade inferior, a miúdo glaucos. As follas, de ata 85 x 22 mm., son lanceoladas, ás veces case lineares, sésiles agás as inferiores que son pecioladas, agudas.

As flores aparecen dispostas en dicasio laxo, con pedicelos das flores centrais de 12-65 mm. Cálice de 13-20 mm., inflado, con 20 nervios ás veces difíciles de diferenciar. Pétalos brancos, con limbo partido, de 6-9 mm.

Cápsula de 9-12 mm., con dentes erectos. Carpóforo de 2,5-3,5 mm.

Florece entre abril e xuño, sendo rara nas zonas baixas e abondosa no resto.


Lugar de observación: Fervenza do Toxa. Silleda.

Tagged:  Caryophyllaceae
  • 21/02/2017
  • 12/05/2018

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.