Dianthus hyssopifolius


17 Feb
17Feb

Perenne, de ata 50 cm. de altura, con talos estériles e florífelos, finos e pouco divididos. As follas son lineares, ata máis de 50 x 1-3 mm. Flores en grupos de 1-7, arrecendentes, en pedicelos curtos, que levan epicálice de 4 brácteas, rematadas en mucrón de 1/3 ou 1/2 de bráctea.

O cálice é case cilíndrico, de 18-25 x 3-5 mm., e os pétalos, con unlla e un limbo de 10-18 mm., rachado en varias lacinias, son de cor branca ou rosácea, ás veces cunha mancha acastañada.

Florece entre maio e setembro en todo o interior de Galiza e algo máis raramente na beiramar do norte.


Lugar de observación: Ribeira do río Arnego. Toiriz. Vila de Cruces.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.