Silene latifolia


21 Feb
21Feb

Perenne, dioica, con varios talos de ata 80 cm., erectos, pouco ramificados, pelosos, e ademais glandulosos na parte superior. Follas de ata 90 x 45 mm., ovadas a ovado-lanceoladas, só as inferiores pecioladas.

As flores aparecen dispostas en dicasios laxos, con cálice de 15-23 mm. pubescente-glanduloso, que nas flores hermafroditas leva 20 nervios e só 10 nas masculinas. 

Estiletes, 5; estames, 10, e pétalos con limbo branco de 10-14 mm., bífido, e escamas da coroa bipartidas. Cápsula de 14-22 mm., con dentes erectos.

Florece entre abril e agosto en toda Galiza.


Lugar de observación: 

Mosteiro de Carboeiro. Silleda.

A Trigueira. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.