Silene gallica


03 Oct
03Oct

Anual, con talos de 8-60 cm., simples ou ramificados desde a base, pilosos, a miúdo visgosos na parte superior. As follas son mucronadas, as inferiores espatuladas e oblongo-lanceoladas, e as superiores oval-lanceoladas a lanceoladas.

Flores dispostas en inflorescencia racemosa, a miúdo unilateral, con pedicelos ata 10 mm., pubescentes-glandulosos. O cálice, de 6,5-10 mm., leva dentes lineares e faise ovoideo na frutificación. Os pétalos levan limbo de ata 7 mm., branco ou rosáceo, enteiro ou emarxinado.

Carpóforo pubescente de ata 1 mm. Froito en cápsula de 6-9 mm. Florece entre abril e agosto, sendo moi común en toda Galicia.


Lugar de observación: Gondoríz. Vilatuxe. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.