Sesamoides suffruticosa


Planta perenne, de cor verde forte e talos algo amarelos, con cepa leñosa ramificada, non radicante e con talos do ano que xorden de moutas situadas na axila das follas caulinas máis ou menos caducas ou do ápice das poliñas laterais.

Talos de 15-35 cm., erecto-ascendentes, con follas basais de 10-35 mm., oblongo-lanceoladas a espatuladas, xa murchas na floración, sendo as caulinas menores, de 7-20 mm.

As flores aparecen dispostas en acios terminais de 5-8 (9) mm. de diámetro, e levan cálice con sépalo inferior de 1-1,5 mm. Pétalos brancos laciniados.

Os carpelos, en número de (4) 5-8 (13) por flor orixinan froito con carpidios de 1,5-2 mm., sobre receptáculo de 1-1,5 mm., papiloso.

Florece entre abril e agosto. É común en breixos e beiras secas de camiños de toda Galiza.


Lugar de observación: Trigueira. Zobra. Lalín.

Tagged:  Resedaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.