10 Jul
10Jul

Planta perenne, con talos glabros de ata 100 cm., con pólas e follas opostas, de 6-11 x 1-4 mm., con 3 nervios, ovadas ou ovado-lanceoladas, sésiles agás as inferiores. 

Inflorescencia formada por pólas opostas que levan dicasios de poucas flores, con cálice de 17-25 mm., verdoso ou purpúreo, e pétalos brancos ou rosáceos, con limbo de 12 x 17 mm., obovado, enteiro a emarxinado. Cápsula incluida no cálice, que abre por 4 valvas.

Florece en maio-agosto, en terreos húmidos ou beiras de regatos, aínda que tamén aparece preto de camiños ou leiras. Os rizomas cocidos téñense usado para a asma e males da pel. As follas pódense empregar como xabón, por dar escuma ao refregalas.


Lugar de observación: Dozón-Igrexa. Dozón.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.