02 Jun
02Jun

Planta perenne de ata 30 cm., con raíz dividida que produce varias moutas de follas, das que xorden talos floríferos erectos. As follas basais, de 15-20 mm., con linear-subuladas, rematadas en arestas tan longas coma o ancho da folla. As caulinas van sendo menores e máis anchas canto máis arriba aparecen, sendo as superiores escamiformes, sen fascículos de follas axilares.

Flores pentámeras, en pedicelos de 5-10 mm. glandulosos superiormente, con sépalos de 2,5-4 mm. e pétalos de 3,5-7 mm. Estames, 10.

Florece entre maio e agosto, aparecendo como especie pioneira nos terreos removidos da zona de serpentinas (rochas ultrabásicas) que se estende polas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, aínda que hai algunhas citas nas praias entre Camariñas e Malpica, en terreos non ultrabásicos. Constitúe polo tanto, un interesante endemismo galego.


Lugar de observación: As Liñeiras. Serra do Candán. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.