Romulea bulbocodium


Planta con talo de 5-10 cm.,  levando 1-5 flores. Follas basais (2) de 5-30 x 0,8-2 mm. ascendentes e caulinas, ata 5, moi curtas. Brácteas nunca acuminadas, a superior con marxe escariosa e a inferior herbácea.

Perianto de 10-35 mm. de longo, con tubo pequeno, algo diferentes os tépalos internos (cor uniforme, máis ou menos violácea) dos externos (cor violácea, cunha banda verde-amarela). Anteras de 3,5-6,5 mm. Estigmas bífidos, máis longos cás anteras.

Florece entre marzo e abril. 


Lugar de observación: Monte Faro. Rodeiro.

Tagged:  Iridaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.