Gladiolus illyricus


Planta de 25-50 cm. Follas (4-5), de 10-40 cm. x 4-10 mm. Flores rosáceas a violáceas, en número de 3-10 en 2 ringleiras. Espatas, 2, máis curtas que as flores.

Tépalos ovados a lanceolados, de 25-40 x 6-16 mm., sendo os 3 superiores maiores cós inferiores. Froito en cápsula de 6-8 mm., marcadas por 3 ángulos.

Florece entre maio e xullo. Atópase en especial nas zonas baixas do país, pero sobe ata O Courel.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Iridaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.