Ranunculus peltatus


Anual ou perenne, con follas de 2 tipos ou só de 1. As follas laminares son ovaladas ou case orbiculares, con base truncada e 3-7 lóbulos obtusos, ás veces manchados de negro, de disposición alterna. As follas mergulladas son capeláceas, sen pecíolo ou con el moi curto, menores que os internós.

Os pedúnculos frutíferos miden máis de 50 mm., e sobrepasan o pecíolo da folla correspondente. Pétalos brancos, de máis de 10 mm., con unlla amarela.

Florece entre maio e xullo en aguas devagar ou lameiros encharcados de toda Galiza.


Lugar de observación: Río Arnego. Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Ranunculaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.