Ranunculus muricatus


Planta glabra, anual, de ata 50 cm., con follas caulinas e basais case semellantes, cordado-orbiculares, lobuladas de ata 3/4 da lámina, sendo esta de 10-60 x 15-80 mm. As flores miden 8-20 mm. de diámetro.

Froitos grandes (5-8 mm.), marcados lateralmente con tubérculos e con ancha marxe lisa. O bico, de 2-3 mm., case recto.

Florece entre febreiro e xullo en lugares húmidos.


Lugar de observación: Fervenza do Toxa. Silleda.

Tagged:  Ranunculaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.