Ranunculus flammula


11 Jul
11Jul

Planta vivaz, glabra agás no ápice, de ata 40 cm., erecta ou reptante e arraigante nos nós. 

As follas basais simples, con longos pecíolos, ovaladas ou elípticas, de 11-50 x 6-22 mm., sendo as caulinas lanceoladas, menores, sentadas.

As flores levan sépalos patentes, pedúnculos estriados e pétalos de 5-9 mm., de dobre tamaño cós sépalos. Aquenios dispostos en glomérulo globoso, lisos, de 1,5-2 mm., rematados en bico moi curto.

Florece entre marzo e setembro en lugares húmidos. É planta considerada tóxica para o gando.


Lugar de observación: Pedroso. Rodeiro.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.