22 Feb
22Feb
Planta perenne, de ata 50 cm., con raíces fibrosas e outras tuberosas, sendo as follas ovadas, de base cordada, de 10-60 x 15-65 mm.

Flores de 12-40 mm. de diámetro, con 3 sépalos que logo caen (o máis normal no xénero son 5). Pétalos de 9-20 mm. Os froitos, dispostos en capítulo globoso, miden 2-3,5 mm., sendo ovoides, lisos, con bico pequeno.


Florece entre marzo e maio en especial en lugares húmidos, temporalmente enchoupados, aínda que sexan soleados. Esta é unha das plantas que, casualmente, reponden á "teoría do signo", xa que se empregan, en infusión e tintura, contra as almorrás ou hemorroides.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.