Polypogon monspeliensis


11 Jun
11Jun

Planta anual, con talos de ata 90 cm. Follas escábridas de 2-11 mm. de ancho, con lígula de 2-11 mm., lanceolada, xeralmente desfiada. Inflorescencia en panícula mesta, oblonga a elíptica, de 2-15 cm., de tacto sedoso. 

Espículas de 1,5-2,5 mm., con glumas de mesmo longo, curtamente ciliadas e levando aresta de 3,5-6,5 que xorde de entre os dentiños apicais. Lema de 0,6-1 mm., ciliada e dentada no ápice, con aresta terminal de 0,4-1,3 mm. Anteras de 0,2-0,4 mm.

Florece entre maio e xullo en lugares húmidos e areosos e campos de cultivo de toda Galiza.


Lugar de observación: Alto do Candán.

21Feb
Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.