Briza maxima


21 Feb
21Feb

Planta anual con talos de ata 70 cm. Follas planas de 3-10 mm. de ancho, con lígulas lanceoladas de 2-5 mm. Inflorescencia en panícula de 2-10 cm., pendurante, con 2-20 espículas dispostas en grupos de 1-3 sobre poliñas solitarias.

Espículas ovoideas comprimidas, de 9-26 mm., branco-amarelas ou algo acastañadas, con 8-20 flores imbricadas. Glumas ovado-orbiculares, de 5-7 mm., con ancha marxe escariosa. Lema como as glumas, de 6-8 mm., e pálea ata 2/3 do longo da lema, marcada con 2 quillas apenas aladas. Anteras de 1-2 mm.

Florece entre abril e xullo en toda Galiza.


Lugar de observación: Carballeda. A Veiga. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.