Phleum bertolonii


Perennes, con talos erectos ou xeniculados de ata 90 cm., cos entrenós basais engrosados e nodosos, aparentando bulbos. Follas planas de 1-7 mm. de ancho, escábridas, con lígulas de 1,5-6 mm.

Inflorescencia en panícula de 1-7,5 cm., mesta. Espículas de 2-2,5 mm. Glumas de 2-2,5 mm., con quilla aparente e ciliada, con aresta terminal de 0,2-0,7 mm. Lema de 1,5-2,1 mm., membranosa. Pálea de 1,3-1,7 mm. Anteras de 1,3-1,5 mm.

Florece entre maio e agosto en prados e terreos algo áridos de toda Galiza.


Lugar de observación: Monte Faro. Rodeiro.

Tagged:  Poaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.