27 Aug
27Aug

Perenne, cespitosa, con talos que poden sobrepasar os 100 cm., con nós ben marcados. Follas estriadas, de beiras estriadas, de 7-10 mm. de ancho, con lígula membranosa de 2-5 mm. Inflorescencia en panícula laxa de 9-20 cm., formada por 3-9 acios de 3,5-8 cm., dispostos alternos sobre nós pelosos.

Espículas de 3-4 mm., ovaladas. Gluma superior de 3-4 mm., con 5-7 nervios, a inferior ausente. Lema da flor inferior de 2-4 mm., plana, pelosa, a da superior de 2-2,6 mm., ovada. Anteras de 1-1,5 mm.

Florece entre maio e nobembro, en herbeiras húmidas. Estase a estender moito nos últimos 20 anos. Procede de sudamérica.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.