Oxalis corniculata


08 Apr
08Apr

Planta deitada, pubescente, con talos procumbentes de ata 30 cm. que arraigan nos nós. As follas son alternas, sobre pecíolos de 2-8 cm., e levan 3 folíolos de 5-18 x 8-23 mm., emarxinados, obcordados.

Flores con pétalos amarelos de 4-7 mm., en umbela de 1-7, que aparecen nas axilas das flores superiores.

Froito en cápsula de 10-25 mm. Florece entre abril e outubro en paredes e bases de valados.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.