02 Jun
02Jun

Planta de bulbo pequeno (8-12 mm.), aovado, do que xorde un escapo de 5-15 cm. Unha única folla basal, linear, plana, de 5-15 cm. x 2-7 cm., máis longa có escapo. As flores, en número de 3-5 van sobre pedicelos de 1-3 mm. con brácteas de 8-10 mm., moito máis longas cós pedicelos.

Tépalos oblongos de 10-16 mm., brancos, ou con quilla verdosa. Ovario obovoide, con estilete máis longo có ovario. Anteras brancas. Froito en cápsula elipsoidea con moitas sementes.

Florece entre marzo e xuño polas zonas baixas do país, en breixos.


Lugar de observación: Monte do Carrio. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.