Erythronium dens-canis


Perenne, con bulbo cilíndrico ou cónico. Talo escapiforme de 10-30 cm., do que xorden as follas (normalmente 2), opostas, ovado-elípticas, manchadas con liñas vermellas, de 5-9 x 2-4 cm.

Flores con tépalos violáceos ou rosa púrpura, de 18-30 x 4-10 mm., revirados cara atrás desde a base, que deixan á vista o estilete trífido e os estames de anteras azuis. Froito en cápsula trígona.

Florece en marzo-maio en bosques aclarados e prados do interior do país (raramente a menos de 400 metros). Os nomes populares fan referencia ao bulbo, con forma que lembra un canino.


Lugar de observación: Monte Faro. Rodeiro.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.