Myosotis discolor


Planta anual, raramente bienal, con talos finos de ata 45 cm., ás veces ramosos na base, cubertos de pelosidade antrorso-adpresa polo menos na inflorescencia. As follas basais, que chegan a 4 x 0,8 cm., son lanceoladas, obtusas, atenuadas en pecíolo curto, sendo as caulinas oblongas e sésiles, máis agudas canto máis arriba. As flores, dispostas en cima escorpioidea, levan pedicelo máis curto có cálice, medindo este ata 4,5 mm. na frutificación.

A corola, de ata 4 mm., é amarela ou crema ao primeiro, virando despois a azul ou violácea, alongando o tubo da corola ata ser o dobre no cálice. Clusas de 1,2-1,5 mm.

Florece entre abril e xuño, en lugares frescos ou temporalmente encharcados.


Lugar de observación: Paseo do Pontiñas. Lalín.

Tagged:  Boraginaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.