Glandora prostrata


Planta con talos deitados ou erectos, de ata 60 cm., peloso e con follas sésiles de 7-38 x 1-8 mm., oblongas, de beiras algo enroladas. O cálice é peloso, con 5 lóbulos lineares ou lanceolados de 5-8 mm.

Corola de 12-16 mm., pelosa no interior. Estames insertados na corola a diferente nivel. Os froitos levan 4 clusas (a miúdo algunha non madura) recubertas de tubérculos diminutos.

Florece entre maio e setembro en toda Galiza, sendo común en piñeirais, bosques aclarados, pastos, etc.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Boraginaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.